Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Martes, 29 de decembro de 1998 Páx. 13.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1998 pola que se anuncia a modificación do orzamento do contrato para a prestación do servicio de vixilancia e outros servicios complementarios para o funcionamento do centro de servicios sociais de Elviña.

Esta Alcaldía-Presidencia, mediante providencia do 21 de decembro de 1998, resolveu modifica-lo orzamento do contrato para a prestación do servicio de vixilancia e outros servicios complementarios para o funcionamento do centro de servicios sociais de Elviña, quedando este fixado na cantidade de 5.335.200 pesetas (IVE incluído), así como o prego de cláusulas administrativas regulador do concurso. O anuncio de licitación foi publicado no Diario Oficial de Galicia e no BOP do 4 de decembro de 1998.

O que se fai público, significándose que para a presentación de proposicións ó concurso se outorga un novo prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de decembro de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

11718