Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Martes, 29 de decembro de 1998 Páx. 13.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, con tramitación anticipada do expediente de gasto e trámite de urxencia, para a contratación dun servicio para o deseño e implantación da intranet do Servicio Galego de Saúde (S-6/99).

Obxecto e orzamento: servicio para o deseño e implantación da intranet do Servicio Galego de Saúde, por un importe máximo de trinta e catro millóns novecentas trinta e sete mil catrocentas trinta e dúas pesetas (34.937.432 ptas, IVE incluído).

Solvencia económica e financeira:

Solvencia técnica:

Prazo de execución: ver apartado 2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación económica: grupo I, subgrupo 3, categoría B.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Garantías: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

Admisión de variantes: non se admiten.

Criterios de adxudicación: ver apartado 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte o da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio administrativo San Caetano (ático ala norte), a partir das 9.30 horas do terceiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de oferta; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1998.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos

11696