Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Martes, 29 de decembro de 1998 Páx. 13.758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 1998, da Dirección Xerencia do Hospital Nicolás Peña de Vigo, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público polo procedemento aberto, con trámite de urxencia e tramitación anticipada de gasto, para a contratación do servicio de seguridade deste hospital.

A Dirección Xerencia do Hospital Nicolás Peña de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998, convoca o concurso público 1/1999 polo procedemento aberto, con trámite de urxencia e tramitación anticipada de gasto.

Obxecto: prestación de servicio de seguridade para o Hospital Nicolás Peña.

Orzamento: catorce millóns de pesetas (14.000.000 de ptas.), IVE incluído.

Forma de adxudicación: concurso público aberto, con trámite de urxencia e tramitación anticipada.

Prazo de execución: o contrato comezará a rexer a partir do seu asinamento.

Admisión de variantes: admitiranse variantes.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores acreditarán a súa solvencia técnica, financeira e económica segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará a disposición dos interesados na Administración do Hospital Nicolás Peña, sita na Avda. das Camelias, 109, Vigo, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Fianza provisional: os concursantes deberán acreditar na forma que establece o prego de cláusulas unha fianza provisional de 280.000 ptas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que lle represente, no rexistro xeral do Hospital Nicolás Peña, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo, na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña a partir das 8.30 horas do decimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas, no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: será a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pago dos anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 11 de decembro de 1998.

Bibiano Fernández-Arruti López

Director xerente do Hospital Nicolás Peña de Vigo

11704