Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., rúa Francisco González Rey.
Situación: Celanova.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 25 metros de lonxitude, en conductor R.H.V. 12/20 kV-3x150 Al, con orixe na L.M.T. oficina a C.T. rúa Doutor Rey, e que remata no C.T. compacto
proxectado rúa Francisco González Rey, con 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V e R.B.T. de 50 metros de lonxitude, en conductor R.V., desde o C.T. proxectado.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 25 de novembro de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
11334