Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Martes, 29 de decembro de 1998 Páx. 13.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. Mesiego-Residencia 2ª F, no concello do Carballiño. (Expediente IN407A 98/196-3 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características básicas que se refiren a continuación.

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Localización: Concello do Carballiño.

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos:

-L.M.T. aérea a 20 kV, de 506 m, en conductor LA-56, con orixe no apoio existente nº 45 da L.M.T. Albarellos-O Carballiño e final no apoio nº 5 da línea proxectada.

-L.M.T. subterránea a 20 kV, de 1.370 m, en conductor R.H.Z.-150 Al, con orixe no apoio nº 5 da liña proxectada e final no C.T. proxectado Residencia, tipo prefabricado compacto, de 400 kVA e R/T 20.000/380-220 V; rede de baixa tensión aérea de 50 m en conductor R.Z., e rede de baixa tensión subterránea de 220 m en conductor R.V.

e) Orzamento: 36.181.338 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral dos propietarios e demais titulares afectados que non chegasen a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñocidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 30 de outubro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Nº expediente: 98/196Provincia: Ourense.

L.M.T., C.T., R.B.T. Mesiego-Residencia 2ª FTermo municipal: O Carballiño

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilioNº apoiommlm

1AvesadaPradoJosé Vázquez VeigaCampo da Feira, Edif.

Cerdeira, 23-3º D, 32500

Caracas

1158380

4XoaldoMonte altoAvelina Caderno FernándezAvda. O Parque, Edif. Unión, Ap. 4-5º-Caracas21110962

5BulleiroMonte altoJosé Luis González FernándezMesego, 43, 32516-O Carballiño2124192

6XoaldoMonte altoDolores Castro Guntín

Mª Josefa Castro Guntín

Parque de Marte, 2, 15002-A Coruña32256

7BulleiroLabradíoGerardo Caderno FernándezMesego, s/n, 32516-

O Carballiño

83273

8BulleiroLabradíoJosé Valiño CambraMesego, s/n, 32516-

O Carballiño

3148432

10BulleiroLabradíoRogelia González PazJulio Rguez. Soto, 5, 32570-Maside24150

11BulleiroLabradíoDelmiro Pérez GonzálezPraza Maior, 7, 32500-O Carballiño755

12BulleiroLabradíoCamilo Pérez DíazMesego, Campo da Festa, 6, 32516-O Carballiño1010

13BulleiroPradoComunal de Mesego.

Pte. Miguel Fdez. Castro

Mesego, Forno Vello,

O Carballiño

17160

14GranxaLabradíoJosé Pérez DíazMesego, Ctra. Cabanelas, 8, 32516-O Carballiño4274432

15GranxaPradoBernardo Carreiro CastroCalvo Sotelo, 32-2º, 32000-

O Carballiño

4132148

16GranxaPradoEmilio Fariñas Pérez

e irmáns

Tras Campo de Fútbol-B, 6-1º, 32500-O Carballiño22207

17CorredoiraMonte altoMaría Fernández VeigaCurros Enríquez, 8-2º B, 32500-O Carballiño12250

18CorredoiraMonte altoMargarita Cardon

Rodríguez

R/ Conde Vallellano, 3-1º, 32500-O Carballiño54432

19CorredoiraLabradíoDavid Pérez CastroSagra, Estr. Cabanelas, 1, 32516-O Carballiño510

20CorredoiraMonte altoEsperanza Otero RodríguezEstr. Cabanelas, 24, 32516-O Carballiño550

21CorredoiraLabradíoJosé Luis González FernándezMesego, 43, 32516-

O Carballiño

5610105

11248