Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Martes, 29 de decembro de 1998 Páx. 13.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T. Farnadeiros-Ribeiro, nos concellos de Muíños e Bande. (Expediente IN407A 98/195-3 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características básicas que se refiren a continuación.

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Localización: concellos de Muíños e Bande.

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos:

-L.M.T. aérea a 20 kV, de 5.604 m, en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 121 da L.M.T. As Conchas-Xinzo de Limia e final na derivación ó C.T. de Quintela.

-L.M.T. aérea a 20 kV, de 1.065 m, en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 22 da L.M.T. proxectada Farnadeiros-Ribeiro, e final no apoio nº 9 da L.M.T. a Nogueiroá.

e) Orzamento: 13.999.387 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico

solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalación eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral dos propietarios e demais titulares afectados que non chegasen a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñocidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 30 de outubro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Nº expediente: 98/195Provincia: Ourense

L.M.T. a NogueiroáTermo municipal: Bande

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SuperficieVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosDomicilioNº apoiommlm

13PousadoiroMonteFrancisco López Fdez.Garabelos, s/n, 32847 Bande14224

25PousadoiroMonte comunalPresidente:

Lisardo Domínguez Rguez.

Nogueiroá, s/n, 32840 Bande72701.120

26PousadoiroMonte comunalPresidente:

Lisardo Domínguez Rguez.

Nogueiroá, s/n, 32840 Bande1101.760

27PousadoiroMonte comunalPresidente:

Lisardo Domínguez Rguez.

Nogueiroá, s/n, 32840 Bande8,941602.560

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Nº expediente: 98/195Provincia: Ourense

L.M.T. Farnadeiros-RibeiroTermo municipal: Muíños-Bande

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SuperficieVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosDomicilioNº apoiommlm

7CasaresMonteJosefa Diz AlonsoPl. Jesús Taboada Chivite, 1-3º D, 32002 Ourense1115240

66RañaMonte baixoJuan Diz López

José Diz Fernández

R/ De las Agudas, 50-1º-1, 08033-Ciudad Merid.141961.536

72AS FontelasLaborBenito Fernández Vázquez

Rpta. Antonio Fdez. Vázquez

Garabelos, 32847 Bande1721642.624

74A MíllaraMonte altoBernardino Salgado CamposGarabelos, 32847 Ourense1821171.872

162RexidoiraPiñeiralSerafín Rguez. Fdez. e irmánsRibeiro, s/n, 32847 Bande39124384

11243