Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Martes, 29 de decembro de 1998 Páx. 13.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude da concesión de explotación denominada Rial I, segunda fracción, número 4120.2, da provincia de Ourense.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25-9-1990), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación denominada Rial I segunda fracción nº4120.2, situada no concello de Toén, provincia de Ourense, e solicitado por Granitos del Val, S.L.

Para os efectos informativos porase a disposición dos administrados que o soliciten un exemplar daquel para consulta nas oficinas desta dirección xeral así como nas dependencias da delegación provincial de Industria correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

10381