Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Martes, 29 de decembro de 1998 Páx. 13.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/243-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T. en Lamas de Castelo.

Situación: Carnota.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 175 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 2 da liña que alimenta o C.T. Conservas Dani (expediente 179/1997) e remate no C.T. Lamas de Castelo, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Lamas de Castelo, do que parten redes de baixa tensión aérea sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 125 m de lonxitude e subterránea, baixo tubo e conductor R.V. de 2 m de lonxitude. Carnota.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 26 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

11328