Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 28 de decembro de 1998 Páx. 13.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello, en sesión do 19 de outubro de 1998, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de xestión número 19 (Santa Marta), promovido pola sociedade mercantil Inmobiliaria Domínguez Vázquez, S.A.

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes contado desde o día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo so interesados poderán consulta-lo expediente no Negociado de Planeamento e Xestión, e formular por escrito as alegacións que coiden oportunas.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

11659