Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 28 de decembro de 1998 Páx. 13.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación do Plan parcial das Fontiñas no ámbito do polígono 3 e terreos limítrofes.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 29 de maio de 1998, aprobou defi

nitivamente a modificación do Plan parcial das Fontiñas no ámbito do polígono 3, con resolución das alegacións presentadas polos interesados no trámite de exposición pública.

De conformidade co disposto polo artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, o texto íntegro da normativa urbanística da modificación do plan definitivamente aprobada publicouse no BOP número 273, do 27 de novembro de 1998.

Contra o acto de aprobación definitiva poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

11679