Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 28 de decembro de 1998 Páx. 13.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1998 referente á convocatoria para prover unha praza de auxiliar administrativo de Administración xeral e outra de arquitecto técnico.

No BOP da Coruña nº 271, do 25 de novembro de 1998, publicaranse as bases íntegras das convocatorias para a provisión por concurso-oposición libre dunha praza de auxiliar administrativo de Administración xeral e outra de arquitecto técnico, ámbalas dúas vacantes no cadro de persoal funcionario deste concello, segundo se especifica na oferta de emprego público, publicada no BOE nº 268, do 9 de novembro de 1998.

As instancias, dirixidas ó alcalde-presidente desta corporación, presentaranse no prazo de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios e actuacións relacionadas con esta convocatoria, publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

Melide, 27 de novembro de 1998.

Miguel R. Pampín Rúa

O alcalde

11661