Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 28 de decembro de 1998 Páx. 13.722

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data do 10-12-1998, o estudio de detalle de agregación de predios e definición de volumetría no polígono de Acea de Olga (predios 12.B.1.A e 12.B.1.B), solicitado por Castañer y Castañer, S.L.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla nº 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 15 de decembro de 1998.

Vicente Pérez-Carro G.

Vicesecretario habilitado

Vº e prace

P.D. (Decreto Alcaldía 60/1995)

Ramón Jaime Arias Roca

Tenente alcalde delegado de Área

11114