Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 28 de decembro de 1998 Páx. 13.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1998 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Interopa, S.A., sita na rúa Calvo Sotelo, 65, de Sarria.

Visto o expediente instruído por instancia de Simón Pedro Barceló Vadell, na súa calidade de representante da entidade mercantil Viajes Interopa, S.A., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento en Sarria, na rúa Calvo Sotelo, 65, da axencia de viaxes Viajes Interopa, S.A., do grupo retallista, co código identificativo CIC MA nº 36, que ten a súa casa central en Madrid, na rúa Alcalá, 165.

Resultando que o interesado, xunto coa solicitude, entregou toda a documentación á que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998, da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, a Dirección Xeral de Turismo

RESOLVE:

Autorizar a axencia de viaxes Viajes Interopa, S.A., sita en Madrid, na rúa Alcalá, 165, da que é titular a entidade mercantil Viajes Interopa, S.A., a apertura dun novo establecemento na rúa Calvo Sotelo, 65, de Sarria, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 1998.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo

11103