Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 28 de decembro de 1998 Páx. 13.715

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación dos procedementos sancionadores de epizootias 223SA/1998 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º de Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciacion do procedemento sancionador por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358 do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976, de 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

Noméase intructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para poderen examina-los expedientes na Delegación Provincial desta Consellería na Coruña, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, e para achegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pago voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados, que lles serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 19 de novembro de 1998.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 223SA/1998.

Denunciado: Francisco Patiño González.

Último enderezo coñecido: Renza, s/n, Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.

DNI: 35.382.217-Y.

Feitos denunciados: transportar animais bovinos, carecendo do Cert. de inscrición do vehículo para

o transporte de animais no Serv. de San. A e vexetal.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 5.2º da Orde 4-4-1997 e Art. 52.4º do Regul. de epizootias, en Relac. co 224 do mesmo Regul.

Sanción: 15.000 ptas.

Expediente: 227SA/1998.

Denunciado: Criado Tenreiro, Juan Carlos.

Último enderezo coñecido: Eiravedra, Sedes, Narón, A Coruña.

DNI: 76.407.022.

Feitos denunciados: entregar documentación con signos de manipulación, ó vender un xato co nº crotal LU-0227-VE.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 6 do D. 355/1994, 6 do R.d. 205/1996 en Relac. co 17 da Lei de epizootias e co 224 do Reg. de epizootias.

Sanción: 50.000 ptas.

Expediente: 271SA/1998.

Denunciado: Vázquez Regueira, Benedicto.

Último enderezo coñecido: Paiosaco, Laracha, A Coruña.

Feitos denunciados: efectuar operacións de compra-venda de gando, na zona de Montemaior e Sofán, carecendo do carné de operador comercial de gando.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 5.2º da Orde 4-4-1997 e o Art. 195.2º do Regul. de Epizoot. en Relac. co 213 do mesmo regulamento.

Sanción: 15.000 ptas.

11102