Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 28 de decembro de 1998 Páx. 13.714

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias 195SA/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º de Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, por R.D. 1665/1976, do 7 de maio, (BOE nº 174, do 21 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.d. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 19 de novembro de 1998.

P.A.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Expediente: 195SA/1998.

Denunciado: López Armada, Santiago.

Último enderezo coñecido: Todón, Becerreá, Lugo.

DNI: 33.326.202-F.

Feitos denunciados: transportar animais da especie porcina, carecendo do certificado de inscrición do vehículo para o transporte de animais, no Serv. de Sanidade A e vexetal e tamén de marcas auriculares de identificación.

Tipificación da infración regulamento de epizootias: 5.2º da Orde 4-4-1997, e 52.4º do Regul. de Epiz. en Relac. 224 do mesmo Regul., 8 Decreto 205/1996, e 26.2º da Orde 23-8-1995 en Relac. 224 do Regul. de epizootias.

Sanción: 12.000 ptas.

11170