Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 28 de decembro de 1998 Páx. 13.714

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 18 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Pena da Corga, número 4872.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense fai saber que Indalecio Freire Couto con domicilio en Cimadevila-Val de Barbadás (Ourense) presentou nesta delegación o 17 de agosto de 1998 instancia-solicitude do permiso de investigación Pena da Corga, nº 4872, de 8 cuadrículas mineiras para recursos da sección C que se sitúa nos concellos de San Cibrao das Viñas e Barbadás (Ourense) ó seu expediente correspondelle o número 4872 da provincia de Ourense.

A designación do terreo é a seguinte:

Lonxitude Latitude

Vértice p.p. 7º 52' 40''42º 17' 40''

Vértice 1 7º 53' 20''42º 17' 40''

Vértice 2 7º 53' 20''42º 17' 20''

Vértice 3 7º 53' 40''42º 17' 20''

Vértice 4 7º 53' 40''42º 16' 40''

Vértice 5 7º 52' 40''42º 16' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de 15 días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o devandito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Ourense, 18 de novembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

11169