Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 28 de decembro de 1998 Páx. 13.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1998 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Sol y Son Los Viajes, S.A., sita na rúa Doutor Teixeiro, 20, de Santiago de Compostela.

Visto o expediente instruído por instancia de Lionel Buadet Labbe, na súa calidade de representante da entidade mercantil Sol y Son Los Viajes, S.A., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, en Santiago de Compostela, na rúa Doutor Teixeiro, 20, da axencia de viaxes Sol y Son Los Viajes, S.A., do grupo maiorista-retallista, co código identificativo CIC MA nº 728, que ten a súa casa central en Madrid, na rúa Miguel Ángel, 4-6º, 10.

Resultando que o interesado, xunto coa solicitude, entregou toda a documentación á que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998, da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, a Dirección Xeral de Turismo

RESOLVE:

Autorizar a axencia de viaxes Sol y Son Los Viajes, S.A., sita en Madrid, na rúa Miguel Ángel, 4-6º, 10, da que é titular a entidade mercantil Sol y Son Los Viajes, S.A., a apertura dun novo establecemento en Santiago de Compostela, na rúa Doutor Teixeiro, 20, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1998.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo

11294