Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Enderezo social: Praza da Constitución, 17,1 15000 Cee.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Churia.
Situación: Zas.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 396 m de lonxitude, en LA-56, que parte da L.M.T. Castrelo-Roalo-Pedrafrade-Edreiras e remate no C.T. aéreo que se vai construír en Churia de 50 kVA. Concello de Zas.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 30 de novembro de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
11342