Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 28 de decembro de 1998 Páx. 13.713

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/269-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: Praza da Constitución, 17, 15000 Outes.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T., Cando de Abaixo-Arriba (Lagoa).

Situación: Outes.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 773 m de lonxitude, con orixe na liña Siavo-San Cosme derivación a Vara (expediente 33992) e remate no apoio nº 7 liña proxectada. L.M.T.S., a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 40 m de lonxitude con orixe apoio nº 8 paso a subterránea da liña anterior e remate no C.T. Lagoa que se vai instalar. C.T. caseta prefabricada de formigón, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede aérea de baixa tensión, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 150 m de lonxitude. Serra de Outes.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 1 de decembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

11345