Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 28 de decembro de 1998 Páx. 13.712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/255-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., R.B.T., C.T. 100 KVA en Fontenlos e Entíns.

Situación: Outes.

Descricións técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos tubulares e de formigón e con conductor LA-56: de 1.627 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Coiradas e remate no C.T. Fontenlos, que se vai instalar. De 98 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 8 da liña anterior e remate no C.T. Entíns, que se vai instalar. Centros de transformación aéreos, sobre apoios de formigón, de 100 kVA/U e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Fontenlos e Entíns, dos que parten redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 545 m e 655 m respectivamente. Serra de Outes.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 30 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

11339