Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 28 de decembro de 1998 Páx. 13.708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1998, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras de acondicionamento das estradas LU-644 e LU-643, treito: Rubián-Laiosa, Bóveda-O Incio, concellos do Incio e Bóveda. (Clave: N/LU/95.03).

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia do 1 de setembro de 1997, foi aprobado o proxecto das obras de acondiciona

mento das estradas LU-644 e LU-643, treito: Rubián-Laiosa, Bóveda-O Incio, T.M.: O Incio e Bóveda. Clave: N/LU/95.03.

En acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia o día 1 de outubro de 1997 declárase a urxencia para efectos de aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, a ocupación de bens e dereitos afectados polo dito proxecto.

Para tal efecto convócanse os propietarios e titulares de bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta nos taboleiros de anuncios dos concellos do Incio e Bóveda, e na Delegación Provincial de Lugo, para que comparezan no lugar, o día e a hora que se detalla a continuación, co fin de proceder ó levantamento de actas previas á ocupación destes, que recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos afectados, os seus titulares e o valor daqueles, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o considerase necesario.

Lugar: Casa do Concello de Bóveda.

Horario: 10 h. a 13 h.

Día: 11 de xaneiro de 1999.

De: Aira Fernández, Arsenio (F.3) a García Fernández, Manuel (F.156)

Día: 12 de xaneiro de 1999.

De: García López, José (F.151) a González Valcarce, Alejandro (F.82)

Día: 13 de xaneiro de 1999.

De: González Valcarce, Amelia (F.5) a López Sarmiento, Rosalía (F.116A)

Día: 14 de xaneiro de 1999.

De: López Torrens, María Alba (F.171B) a Vega González, Carmen (F.59C)

Lugar: Casa do Concello do Incio.

Horario: 10 h. a 13 h.

Día: 18 de xaneiro de 1999.

De: Arias Villanueva, Santiago (F.389) a De la Fuente Copa, Antonio (F.352)

Día: 19 de xaneiro de 1999.

De: descoñecido (F.332) a López Losada, Luis (F.322)

Día: 20 de xaneiro de 1999.

De: López Luaces, José Luis (F.198) a Rodríguez, Ana (F.205)

Día: 21 de xaneiro de 1999.

De: Rodríguez, Hdros. Gumersinda (F.316) a Veloso, Antonio (F.229)

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, presentando os documentos acreditativos da súa titu

laridade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse -á súa costa-, se o considerasen oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tendo en conta estes antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2º da Lei de expropiación forzosa, ábrese a información pública ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito ante esa Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia, sita na Ronda da Muralla, nº 70-5ª planta, 27071Lugo, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los propietarios afectados.

Lugo, 14 de decembro de 1998.

José Antonio Cobreros Aranguren

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas de Lugo

11110