Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 28 de decembro de 1998 Páx. 13.709

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 141/1994).

Outorgada a declaración de utilidade pública da liña eléctrica aérea a 20 kV Santa María-Furelos con orixe no apoio nº 2 da liña de subestación de Melide ó C.T. Santa María e remate na liña Cazallas-Melide-Leboreiro, no termo municipal de Melide, polo Decreto 277/1998, da Consellería de Industria e Comercio do 24-9-1998, que leva implícita a urxente ocupación de bens e dereitos que se afectan, de conformidade co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na Avda. de Arteixo nº 171, 15007 A Coruña.

Para a comparecencia dos propietarios dos predios contidos na relación publicada no DOG do 11-8-1997, no BOP do 28-7-1997, e no xornal El Ideal Gallego do 11-7-1997, e demais interesados e propietarios de predios que compareceron no expediente, ós que se lles practicará notificación individual para o efecto, excluídos os mutuos acordos logrados, esta delegación acorda sinala-los días e horas que máis adiante se citan, para a toma de datos sobre os predios e levantar a continuación nas oficinas das casas dos concellos as actas previas á ocupación de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957,

para efectos de imposición de servidumes de paso de enerxía eléctrica segundo dispón o Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de instalacións eléctricas.

Días, horas e predios de cada termo municipal:

Día 20 de xaneiro de 1999:

A partir das 11 horas predios números 8 ó 13, e a partir das 11.30 horas predios números 15 ó 28.

Día 21 de xaneiro de 1999:

A partir das 11 horas predios números 29 ó 38, e a partir das 11.30 horas predios números 39 ó 86.

Día 22 de xaneiro de 1999:

A partir das 11 horas predios números 89 o 137, e a partir das 11.30 horas predios números 138 ó 153.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 23 de novembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

11106