Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 28 de decembro de 1998 Páx. 13.708

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (50/1998-M).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, certifica que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos penais, consta a recaída nos autos de

xuízo de faltas nº 50/1998 que no seu encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 27 de xuño de 1998. Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas nº 50/1998, seguidos neste xulgado sobre ameazas, nos que son partes o denunciante Joaquín Llorca Lis e o denunciado José Manuel Cortina Martínez.

Debo absolver e absolvo libremente a José Manuel Cortina Martínez da falta de ameazas pola que foi denunciado, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación perante este xulgado, para ante a audiencia provincial no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.».

E para que lle sirva de notificación en forma a Joaquín Llorca Lis con domicilio descoñecido, expido este edicto en Santiago de Compostela o 18 de novembro de 1998.

A secretaria

Rubricado

11686