Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Luns, 28 de decembro de 1998 Páx. 13.708

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (114/1998-M).

María Begoña Arroyo Martín Castañeda, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, certifica:

Que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos penais, consta a recaída nos autos de xuízo de faltas que no seu encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1998.

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas nº 114/1998, seguidos neste xulgado sobre furto, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, a denunciante María Nieves Díaz Fernández e o denunciado Edgar José Caetano Pires.

Debo condenar e condeno a Edgar José Caetano Pires, como autor dunha falta de furto, á pena de multa dun mes, fixando o importe da cota diaria da pena de multa na contía de trescentas pesetas e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non pagadas. Así mesmo, condénoo ó pagamento das custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación perante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en forma a Edgar José Caetano Pires con domicilio descoñecido, expido este edicto en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1998.

A secretaria

Rubricado

10853