Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 24 de decembro de 1998 Páx. 13.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

ANUNCIO de exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria celebrada o 16 de decembro de 1998, acordou aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Cariño.

Así mesmo, acordouse tamén suspende-lo procedemento de outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición para áreas e usos determinados en todo o termo municipal, para aqueles actos que contradigan o planeamento, ata a aprobación definitiva do PXOM, ou por un período máximo dun ano.

De acordo co establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública por prazo dun mes contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, publicándose tamén no BOP e nun xornal de máxima difusión.

Cariño, 17 de decembro de 1998.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde

11111