Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 24 de decembro de 1998 Páx. 13.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 2-12-1998, aprobou definitivamente a modificación puntual das NN.SS.MM. para incorpora-lo convenio entre Josefa Vidal Currás e o Concello de Bueu; de conformidade co establecido no artigo 50

da Lei do solo de Galicia en relación con artigo 48.2º do mesmo corpo legal, procédese á publicación do devandito acordo no DOG e no BOP; así mesmo publicarase no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

Contra desta resolución, que esgota a vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, desde o día seguinte o da súa publicación, logo da comunicación a este concello (artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).

Bueu, 11 de decembro de 1998.

Xosé Novas Piñeiro

Alcalde

11610