Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 24 de decembro de 1998 Páx. 13.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno deste Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 2-12-1998, a modificación puntual das NN.SS.MM. no cuarteirón delimitado pola rúas M. Ríos, E. Vicenti, P. Fontenla e X. Carballeira; de conformidade co establecido no artigo 42 da Lei do solo de Galicia, exponse ó público o expediente polo período dun mes, contado a a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para efectos de que, durante o devandito prazo, se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes.

O expediente poderá ser examinado nas dependencias de secretaría, de 8 a 14 horas en días hábiles (agás sábados, que será de 9.30 a 13 horas).

Contra desta resolución, que esgota a vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, desde o día seguinte ó da súa publicación, logo da comunicación a este concello (artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das aministracións públicas e procedemento administrativo común).

Bueu, 1 de decembro de 1998.

Xosé Novas Piñeiro

Alcalde

11632