Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 24 de decembro de 1998 Páx. 13.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1998 pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras do proxecto de apertura e urbanización da travesía do Rueiro en Bertamiráns-Ames. Tramo: p.k. 0+000 a p.k. 0+050.

Por acordo do Pleno do Concello en sesión celebrada o día 29 de setembro de 1997, aprobouse o proxecto de apertura e urbanización da travesía do Rueiro en Bertamiráns-Ames. Tramo: p.k. 0+000 a p.k. 0+050.

En acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia o día 12 de novembro de 1998 declárase urxente, para efectos de aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, a ocupación de bens e dereitos afectados polo referido proxecto.

Para tal efecto convócanse os propietarios titulares de bens e dereitos afectados que figuran no pé deste escrito, para que comparezan na Casa do Concello o décimo sexto día hábil posterior á última publicación nos medios obrigatorios, e se este fose sábado, o día hábil inmediatamente posterior, de 10 a 11 horas da mañá, co fin de proceder ó levantamento das actas previas á súa ocupación, que recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos afectados, os seus titulares e o valor daqueles, sen prexuízo do traslado ó lugar dos predios se se considera necesario.

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titu

laridade, documento nacional de identidade e o último recibo de contribución, podendo acompañarse, pola súa conta, se o estiman oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tida conta dos antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2º da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito ante este concello as alegacións que estimen pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los propietarios afectados.

Ames, 10 de decembro de 1998.

José Ramón Agra Romero

Alcalde accidental

Relación de titulares afectados

-Herdeiros de Mª Albardonedo García.

11631