Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 24 de decembro de 1998 Páx. 13.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

CONVOCATORIA dunha praza de administrativo por promoción interna.

No BOP da Coruña do día 20 de novembro de 1998, publicáronse as bases para a provisión en propiedade dunha praza de administrativo de Administración xeral, polo sistema de promoción interna por concurso-oposición. Nivel de titulación esixido: bacharelato, FP2 ou equivalente.

As instancias de solicitude para tomar parte no procedemento selectivo poderán presentarse no rexistro xeral deste concello ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Mugardos, 24 de novembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

11112