Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 24 de decembro de 1998 Páx. 13.676

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1998, da División de Recursos Humanos, pola que se completa a relación de aspirantes que superaron o concurso-oposición convocado pola Resolución do 8 de abril de 1996.

O punto 6 da base oitava da Resolución do 8 de abril de 1996 (DOG nº 74, do 16 de abril) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do complexo hospitalario Santa Mª Madre-Dr.Cabaleiro Goás de Ourense, dispón que perderán os dereitos derivados da súa participación no concurso-oposición os aspirantes seleccionados que non asinen o correspondente contrato de traballo ou os que, sen causa xustificada, non tomen posesión da praza correspondente.

Para tal fin, a Resolución do 29 de outubro de 1998 (DOG nº 218, do 10 de novembro) da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, cita os aspirantes que superaron o dito concurso-oposición para a formalización do correspondente contrato de traballo.

Realizado o citado acto de formalización dos oportunos contratos de traballo pola dirección-xerencia do Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr.Cabaleiro Goás de Ourense e elevada a oportuna proposta de exclusión dalgún aspirante polo motivo expresado no parágrafo anterior, en uso das facultades que lle outorga o punto 7 da base oitava da citada resolución, procede que por este centro directivo cubra a dita praza co aspirante que cumpra coas condicións esixidas nas bases da convocatoria e superase a fase de oposición, en atención á orde

de puntuación acadada, alterándose deste xeito a proposta inicial do respectivo tribunal, polo que

RESOLVE:

Primeiro.-Declarar que superou o concurso-oposición convocado por Resolución do 8 de abril de 1996 (DOG nº 74, do 16 de abril) o seguinte aspirante na categoría que se indica:

-Auxiliar de enfermería: Mª Estrella Santos Pastoriza, DNI: 52.490.168.

Segundo.-O novo aspirante definitivamente seleccionado deberá cumprir igualmente os trámites previstos na base oitava da convocatoria para o resto do persoal seleccionado.

Terceiro.-Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso ordinario ante este centro directivo no prazo dun mes, contado desde o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 1998.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

11320