En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55 de seu Regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro,
RESOLVO:
Facer público que, por razón das peculiaridades do inmoble xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun local baixo sito na rúa María Berdiales, 20, con entrada independente pola rúa Carlos Colmeiro Laforet, 9-11, de Vigo, para instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 1998.
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio
10591