Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral para o Deporte, pola Orde do 25 de setembro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 197, do 9 de outubro) en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería dispón resolve-la citada convocatoria de acordo cos seguintes puntos:
Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se relaciona no anexo I da presente orde.
Segundo.- O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.
Terceiro.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como daquel no que obteña praza consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,
no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1998.
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
ANEXO
Número de rexistro: 32.783.234.13 A2051.
Grupo: B.
Apelidos e nome: Miguel Acción Badía.
Posto de traballo: xefe de sección de Administración Xeral Habilitación.
Nivel: 25.
Código posto: PR.P04.00.002.15770.006.
Centro directivo: Secretaría Xeral para o Deporte.
Localidade: Santiago de Compostela.
11500