Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 23 de decembro de 1998 Páx. 13.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1998 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación polo procedemento negociado, dun contrato de consultoría e asistencia para a realización dun estudio sobre a madurez dos procesos de desenvolvemento de software seguidos polas Pemes do sector en Galicia.

Entidade adxudicadora:

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas.

Número de expediente: 1/98.

Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: estudio sobre a madurez dos procesos de desenvolvemento de software segudios polas Pemes do sector en Galicia.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Procedemento: negociado.

Orzamento base de licitación: sete millóns de pesetas (7.000.000 de pesetas).

Adxudicación:

Data: 13-8-1998.

Contratista: José Luis Iparraguirre.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: cinco millóns oitocentas mil pesetas (5.800.000 pesetas.).

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 1998.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

10810