Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 23 de decembro de 1998 Páx. 13.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1998 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación do concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia para a realización dun plan institucional de promoción do comercio exterior de Galicia.

Entidade adxudicadora:

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comercio.

Número de expediente: 5/98.

Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: realización dun plan institucional de promoción do comercio exterior de Galicia, consistente na organización de encontros

institucionais y foros empresariais de negocio que se concretan en México, Guatemala, Cuba, Brasil, Uruguai e Arxentina.

Data de publicación do anucnio de licitación no DOG: 22-7-1998.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: oitenta e cinco millóns de pesetas (85.000.000 de pesetas).

Adxudicación:

Data: 24-8-1998.

Contratista: Grupo CIP Consultores.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: oitenta e dous millóns de pesetas (82.000.000 de pesetas).

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 1998.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

10811