Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 23 de decembro de 1998 Páx. 13.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/261-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Boudañeira.

Situación: Dumbría.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56 de 825 m de lonxitude, con orixe na liña Baíñas-Lucín e derivación Fervenza (expediente 34856) e remate no C.T. Boudañeira, que se vai instalar. Centro de transformación intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Boudañeira, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 175 m de lonxitude. Dumbría.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de xullo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

10809