Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 22 de decembro de 1998 Páx. 13.627

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da vía de nova apertura entre a avenida de Eduardo Pondal e a rúa Camiño do Gorgullón.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 9 de novembro do 1998 aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización da vía de nova apertura entre a avenida de Eduardo Pondal e a rúa Camiño do Gorgullón, formulado mediante iniciativa particular por Promociones Inmobiliarias Ramírez, Sociedad Limitada, e redactado polos arquitectos Eugenio Jiménez Passolas e Carlos Gustavo Pérez Álvarez, visado pola Delegación de Pontevedra do COAG o 24-6-1998, dispoñéndose o seu sometemento á información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na unidade de Fomento do concello (rúa Dona Tareixa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 19 de novembro do 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

11000