Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 22 de decembro de 1998 Páx. 13.627

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do reformado do proxecto de urbanización do polígono B-4 de Fonte Santa.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o dezaseis de novembro de mil novecentos noventa e oito, acordou presentar aprobación definitiva ó documento técnico de obras denominado reformado do proxecto de urbanización do polígono B-4 do Plan Xeral de Ordenación Urbana-Fontesanta, promovido mediante iniciativa particular por Deca Promociones, S.L. e Áridos Gallegos, S.A., redactado polos arquitectos Davila Alonso, Jiménez López, Meijide Rico e Cordeiro Rodríguez, visado pola Delegación en Pontevedra do COAG o 22-5-1998.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se estime procedente.

Pontevedra, 19 de novembro de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

11003