Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 22 de decembro de 1998 Páx. 13.626

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data do 10-12-1998, o estudio de detalle para a ordenación de volumes na unidade de actuación centro sur nº 10 (rúa Montirón-rúa Rei don García), solicitado por IESA, S.L.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, nº 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 14 de decembro de 1998.

Vicente Pérez-Carro G.

Vicesecretario habilitado

Visto e prace

P.D. (Decreto Alcaldía 60/1995)

Ramón Jaime Arias Roca

Teniente alcalde delegado de Área

10999