Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 22 de decembro de 1998 Páx. 13.626

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 27 de novembro de 1998, aprobou o prego de condicións económico-administrativas para a contratación por concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia, para as obras de dotación de vestiarios e outros servicios ó circuíto de auto-cross de Carballo 1ª fase, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP, para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, aínda que a licitación se aprazará, canto resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Tipo de licitación: 5.467.074 pesetas, realizándose a mellora mediante baixa respecto a este tipo.

Prazo de execución: 3 meses.

Fianza provisional: 109.342 pesetas.

Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello ás 12 horas do terceiro día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, salvo se é sábado, caso en que se trasladará ó luns seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentarase no rexistro xeral da corporación en horario de 9 a 14 horas, dentro do prazo dos trece días naturais contados desde o día seguinte á última publicación do presente anuncio no DOG, BOP ou prensa.

Documentación:

Presentarase en tres sobres pechados:

Sobre A: subtitulado «Oferta económica».

Sobre B: subtitulado «Personalidade xurídica e xustificantes».

Sobre C: subtitulado «Referencias técnicas».

e axustados ó modelo que figura no prego de condicións que se encontra exposto ó público nas oficinas xerais do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 2 de decembro de 1998.

Manuel Varela Rey

Alcalde

11567