Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 22 de decembro de 1998 Páx. 13.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa polo procedemento aberto, das obras de clave OH.232.347 e OH.527.298.

1. Obra.

a) Captacións en núcleos rurais-Fase II. (Os Blancos-Ourense).

Clave: OH.232.347.

Orzamento: vintenove millóns seiscentas doce mil cento corenta e dúas pesetas (29.612.142 ptas.).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

b) Renovación das redes de saneamento e abastecemento de auga en Chao do Pousadoiro. (Ribeira de Piquín-Lugo).

Clave: OH.527.298.

Orzamento: vinteún millóns setecentas vinte mil oitocentas corenta e sete pesetas (21.720.847 ptas.).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

3. Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado 1 anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2º do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

4. Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

6. Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

7. Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1998.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia

11559