Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 22 de decembro de 1998 Páx. 13.623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso polo procedemento aberto, das obras de clave OH.532.348 e catorce máis.

1. Obra.

a) Redes xerais de abastecemento e saneamento en vilas das parroquias de Santa Mariña e Folgoso. (Allariz-Ourense).

Clave: OH.532.348.

Orzamento: cincuenta millóns seiscentas unha mil novecentas vintecinco pesetas (50.601.925).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

b) Abastecemento de auga a Lamaigrexa, Castroncelos, Estación, Brence, Cereixa, A Pobra de Brollón e Salcedo. (A Pobra de Brollón-Lugo).

Clave: OH.227.291.

Orzamento: setenta millóns de pesetas (70.000.000).

Prazo de execución: 28 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

c) Abastecemento ó Centro de Exposicións Permanente de Buño e núcleos de Rabuceiras, Piñeiro e outros. (Malpica de Bergantiños-A Coruña).

Clave: OH.215.443.

Orzamento: trinta e sete millóns catrocentas sesenta e nove mil oitocentas sesenta e oito pesetas. (37.469.868).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

d) Abastecemento integral ó concello de Moeche-primeira fase. (Moeche-A Coruña).

Clave: OH.215.445.

Orzamento: cento vintetrés millóns cento corenta e nove mil catrocentas oitenta e nove pesetas (123.149.489).

Prazo de execución: 36 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

e) Colectores de pluviais do núcleo urbano de Boiro-primeira e segunda fase. (Boiro-A Coruña).

Clave: OH.315.446.

Orzamento: noventa e catro millóns corenta e oito mil seiscentas trinta e nove pesetas (94.048.639).

Prazo de execución: 30 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

f) Abastecemento a Lantaño e outros. (Portas-Pontevedra).

Clave: OH.236.408.

Orzamento: cincuenta millóns seiscientas unha mil novecentas vintecinco pesetas (50.601.925).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

g) Abastecemento e saneamento na Alberguería. (Laza-Ourense).

Clave: OH.532.346

Orzamento: trinta e catro millóns oitocentas setenta mil pesetas (34.870.000).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

h) Saneamento en Recesende. (Teo-A Coruña).

Clave: OH.315.441.

Orzamento: corenta e dous millóns setecentas setenta mil seiscentas corenta e tres pesetas (42.770.643).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

i) Abastecemento e saneamento en Rairiz de Veiga-primeira fase. (Rairiz de Veiga-Ourense).

Clave: OH.532.310.

Orzamento: trinta e oito millóns seiscentas unha mil novecentas vinteseis pesetas (38.601.926).

Prazo de execución: 15 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

j) Mellora das captacións e abastecementos de auga en Tamagos, Cabreiroá, Tamaguelos e Abedes. (Verín-Ourense).

Clave: OH.232.344.

Orzamento: trinta e oito millóns cento cincuenta e oito mil seiscentas sesenta e unha pesetas (38.158.661).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

k) Ampliación do abastecemento en Cangas. (Cangas-Pontevedra).

Clave: OH.236.383.

Orzamento: sesenta e seis millóns cento cincuenta e cinco mil trescentas corenta e unha pesetas (66.155.341).

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

l) Saneamento e reposición de servicios en Piloño. (Vila de Cruces-Pontevedra).

Clave: OH.336.396.

Orzamento: trinta e sete millóns duascentas oitenta mil setecentas sesenta e unha pesetas (37.280.761).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c. Grupo K, subgrupo 8, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

m) Abastecemento e saneamento en Verín-primeira fase. (Verín-Ourense).

Clave: OH.532.345.

Orzamento: cento oitenta e oito millóns de pesetas (188.000.000).

Prazo de execución: 32 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

n) Abastecemento e saneamento a Zacarade, Carballal, O Tellado, Guimarás, Pedriña, Barro, O Quinteiro e Candosa. (O Irixo-Ourense).

Clave: OH.532.343.

Orzamento: trinta e oito millóns duascentas mil pesetas (38.200.000).

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Grupo K, subgrupo 8, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

ñ) Saneamento da parroquia de Figueiró. (Tomiño-Pontevedra).

Clave: OH.336.407.

Orzamento: oitenta e tres millóns novecentas noventa e catro mil noventa e tres pesetas (83.994.093).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Documentos de intesese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de bases, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

3. Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no número 1 anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2º do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (modificado polo artigo 77 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, BOE do 31 de decembro), e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

4. Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

6. Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

7. Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1998.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia

11557