Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 22 de decembro de 1998 Páx. 13.623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, para a redacción do proxecto (incluído estudio de seguridade e saúde) das obras de ampliación dunha planta na sede dos xulgados de Santiago de Compostela.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, 15771 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 45 17; Fax: 981 54 46 96.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: asistencia técnica, mediante expediente anticipado de gastos.

b) Descrición do obxecto: redacción do proxecto (incluído estudio de seguridade e saúde) das obras de ampliación dunha planta na sede dos xulgados de Santiago de Compostela.

3. Orzamento base da licitación.

Importe total: 5.609.574 pesetas, IVE incluído.

4. Prazo de execución do contrato: dous meses, contados desde o día seguinte ó da formalización do contrato.

5. Garantías: dispensadas.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, Edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 45 17.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención da documentación e información: a mesma que para a presentación das ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas.

a) Fecha límite de presentación: o décimo terceiro día contado desde o seguinte ó da publicación no DOG do presente anuncio, agás que fose sábado ou día inhábil, suposto no que o devandito prazo se entenderá prorrogado o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar.

Os licitadores presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

-Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

Terá lugar en acto público na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (edificio administrativo San Caetano, bloque 5 - 3ª planta- Santiago de Compostela), ás 12.30 horas do quinto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas, agás que fose sábado, suposto no que se trasladará ó primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios.

Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1998.

Francisco Javier Rubio Delgado

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

11558