Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 22 de decembro de 1998 Páx. 13.611

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se resolve o concurso de traslados do persoal laboral L-01/1998 convocado por Orde do 20 de xullo de 1998.

Convocado o concurso de traslados do persoal laboral por orde desta consellería de 20 de xullo de 1998 (DOG nº 142, do 24 de xullo) esta dirección xeral, de conformidade co previsto na base sete da orde de convocatoria e á vista da proposta de adxudicación de vacantes ós participantes na primeira e segunda fase do concurso elevada pola comisión de valoración de méritos,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente o concurso de traslados de persoal laboral L-01/1998, adxudicando ós traballadores que se relacionan nos anexos I e II os postos de traballo que se especifican nestes, tanto na primeira fase do concurso como na fase de resultas.

Segundo.-O persoal relacionado nos anexos I e II, de conformidade co disposto na base oitava da convocatoria, deberá cesar no seu posto de traballo no prazo de tres días, contados desde o día 11 de xaneiro de 1999. O prazo para tomar posesión no novo posto será de tres días se o destino do novo posto radica na mesma localidade da residencia habitual do concursante ou dun mes se radica en localidade distinta.

Se na data do cesamento ou do inicio do cómputo do prazo posesorio o persoal está gozando dun período de licencia, vacacións, permiso ou incapacidade temporal, o cómputo destes comezará o día seguinte ó da reincorporación ó posto de traballo.

Terceiro.-Non obstante, no suposto de que a praza de destino se atope ocupada por un contratado laboral temporal con contrato que non exceda de seis meses para a súa finalización, a Administración poderá prorroga-lo cesamento do adxudicatario no seu posto de procedencia en tanto non finalice o contrato temporal referido. Así mesmo, terase en conta o previsto na base 8.2º en relación co artigo 36.1º b) do III convenio único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Cuarto.-Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día da públicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 1998.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

AG.-Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

CU.-Cultura, Comunicación Social e Turismo.

ED.-Educación e Ordenación Universitaria.

EF.-Economía e Facenda.

FA.-Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

IC.-Industria e Comercio.

MA.-Medio Ambiente.

OT.-Política Territorial, Obras Pública e Vivenda.

PE.-Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

PR.-Presidencia e Administración Pública.

SA.-Sanidade e Servicios Sociais.

XU.-Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

11142