Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 22 de decembro de 1998 Páx. 13.610

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dicta a normativa para a pesca da lamprea no río Ulla no vindeiro ano 1999.

De conformidade coa disposición adicional da Orde do 14 de xaneiro de 1998, pola que se fixan os períodos hábiles de pesca e normas relacionadas con ela nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a temporada de 1998, na que se faculta o delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra para dictar cantas normas sexan necesarias para a regulación da pesca da lamprea no río Ulla, e co obxecto de que se realice un aproveitamento ordenado desta pesquería, establécese un réxime especial de pesca da antedita especie para o vindeiro ano 1999 nos tramos e coas limitacións que a continuación se indican, ás que se deberán ate-las persoas autorizadas como titulares así como as autorizadas para pescar nelas:

-Nas pesqueiras de Areas e Vellas deberán deixar libre a canle central do río, e non se poderá faenar na denominada «vea».

-O período de pesca será: desde o lugar de Areas (Herbón) ata o lugar denominado Bellas, ambos inclusive, do día 11 de xaneiro ó 31 de marzo; e no tramo comprendido desde o Canal de Herbón ata o lugar de Sinde, do 15 de febreiro ata o 30 de abril.

-A pesca só poderá practicarse desde as pesqueiras tradicionais, detalladas no anexo, e deberanse empregar redes que non causen dano a outras especies piscícolas.

-As redes só poderán estar colocadas desde as 20 ata as 8 horas.

-Prohíbese a realización dos labores de pesca, debendo levantarse as redes das pesqueiras, desde as 8 horas dos sábados ata as 20 dos luns.

-Toda persoa que faene nas pesqueiras deberá estar en posesión da correspondente licencia de pesca e do permiso de 4ª categoría para cada día e pesqueira, documentos que deberá levar consigo xunto co DNI durante a práctica desta actividade.

-Serán devoltos ás augas ou entregados ós axentes que o soliciten todos aqueles exemplares piscícolas que no sexan as lampreas capturadas nas pesqueiras.

-En todo momento deberán colaborar cos axentes de M.A.N. da Consellería de Medio Ambiente, seguindo as súas instruccións.

-O mesmo día que remate o réxime especial, procederase a retira-las artes de pesca.

As infraccións contra esta regulación serán sancionadas de conformidade co establecido na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial. Polo uso indebido da pesqueira responderá o seu titular, se nun mesmo posto hai varios titulares, responderán conxunta e solidariamente.

Os permisos para toda a temporada estarán á venda unicamente do 21 de decembro do 1998 ata o 8 de xaneiro de 1999 para as pesqueiras de Areas ata as Vellas, ambas inclusive, e do 26 de xaneiro ata o 9 de febreiro de 1999 no tramo comprendido desde a Canle de Herbón o lugar de Sinde, e non se despacharán máis permisos transcorrido o dito prazo.

No caso de que a pesqueira a traballe unha persoa distinta do seu titular, aquel, para a obtención dos citados permisos, deberá acreditar no Servicio de Medio Ambiente Natural estar autorizado polo do titular desta.

Pontevedra, 9 de decembro 1998.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Medio Ambiente

ANEXO

Pesqueiras de Herbón

LugarNº de

pesqueira

Nº ocosRedesTitular

Areas189Manuel Vidal Lago

Areas256Manuel Vidal Lago

Vellas377Manuel Vidal Lago

Vellas433Manuel Vidal Lago

Canal de Herbón522Luis Carlos Rodríguez Baltar

Canal de Herbón634Francisco Caldelas Vidal

Plateado733Juan José Dopazo Pardo

Plateado844Juan José Dopazo Pardo

A Trapa1135José López Freire

A Trapa1245Enrique López García

ANEXO

Pesqueiras de Carcacía-Lapido

LugarNº de

pesqueira

Nº ocosRedesTitular

Caseta1522Mª Luisa Otero Varela

Furado1633Antonio Carneiro Piñeiro

Furado1711Mª Luisa Otero Varela

Dolores Varela Otero

Muxena1822José A. Devesa Crespo

Lombeira1911Mª Luisa Otero Varela

Dolores Varela Otero

Nova2111Mª Luisa Otero Varela

Dolores Varela Otero

Augadalta2222Antonio Carneiro Piñeiro

Loureiriña2311Dolores Varela Otero

Loureira2522Mª Luisa Otero Varela

Dolores Varela Otero

Loureira2611Elisa García Rodríguez

Lago2711Mª Luisa Otero Varela

Dolores Varela Otero

Furrica2822Antonio Carneiro Piñeiro

Carballo2911Mª Luisa Otero Varela

Dolores Varela Otero

Carballo3011Isidoro Rodríguez Otero

ANEXO

Pesqueiras de A Barcala

LugarNº de

pesqueira

Nº ocosRedesTitular

Bumio3311Manuel Camino Fondevila

José Ramón Meda Ojea

ANEXO

Pesqueiras de Sinde-Reis

LugarNº de

pesqueira

Nº ocosRedesTitular

Freixeiro3411José A. Fernández Villar

11523