Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 22 de decembro de 1998 Páx. 13.608

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 18 de decembro de 1998 pola que se amplía o prazo para achega-las autorizacións requiridas no punto f) do artigo 7 da Orde do 12 de febreiro de 1998, pola que se establecen as normas para a concesión de axudas a investimentos no ámbito da acuicultura.

A obtención das autorizacións necesarias para a creación, modernización, ampliación e innovación tecnolóxica das instalacións de acuicultura require de procedementos complexos que, xeralmente, precisa de amplos prazos para a súa resolución debido ás especiais características de situación, tecnoloxía e especialización dos ditos establecementos.

Por iso, e co obxecto de poder cumprir axeitadamente os obxectivos da Orde do 12 de febreiro de 1998 pola que se establecen as normas para a concesión de axudas a investimentos no ámbito da acuicultura,

DISPOÑO:

De acordo co establecido no artigo 49 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, amplíase en vintecinco días naturais o prazo para achega-las autorizacións requiridas no punto f) do artigo 7 da Orde do 12 de febreiro de 1998 (DOG nº 145, do 29 de xullo), pola que se establecen as normas para a concesión de axudas a investimentos no ámbito da acuicultura.

Disposición derradeira

A presente disposición entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e

Acuicultura

11624