Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 21 de decembro de 1998 Páx. 13.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, dos servicios nos complexos deportivos das piscinas das Travesas e Lavadores.

1. Entidade adxudicante:

Organismo: Instituto Municipal dos Deportes de Vigo.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: prestación dos servicios técnicos docentes, monitores e profesores para imparti-las ensinazas deportivas, o servicio de socorrismo, atención e control dos usuarios, así como os de limpeza, conservación, mantemento e vixilanza, nos complexos deportivos das piscinas cubertas municipais das Travesas e de Lavadores.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo: catro anos.

3. tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 140.000.000 de ptas/ano.

5. Garantías:

Provisional: 3.400.000 ptas.

Definitiva: 6.800.000 ptas.

6. obtención da documentación e información:

Rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, Vigo (Pontevedra). Teléfono: 986 81 01 00.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación requirida: grupo III (servicios), subgrupo 6 (limpeza e hixienización), categoría B.

Grupo III (servicios), subgrupo 7(mantemento de equipos e instalacións), categoría A.

Grupo III (servicios), subgrupo 8 (outros servicios), categoría B.

A solvencia económica e financieira acreditarase en calquera das formas previstas nos Art. 16 e 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

8. Presentación de ofertas:

Ata o día 8 de xaneiro de 1999.

Documentación: é a sinalada na cláusula XIII do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 deste anucio.

9. Apertura ofertas:

Entidade, enderezo e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do día 11 de xaneiro de 1999.

10. Outras informacións:

O modelo de proposicións axustarase ó previsto na cláusula XIII do prego de condicións.

11. Gastos anuncios:

Serán por conta dos adxudicatarioa.

Vigo, 13 de novembro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

10992