Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 21 de decembro de 1998 Páx. 13.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (74/1998).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria con data do 3 de decembro adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente, por instancia de José Vila Rejo, en representación de Urbanización a Saínza, o proxecto de urbanización da rúa de nova apertura paralela á Avda. de Zamora, condicionada ó cumprimento das condicións sinaladas polo servicio eléctrico do 4 de novembro de 1998 e logo da constitución de garantía polo importe de 2.414.176 ptas. (dous millóns catrocentas catorce mil cento setenta e seis) para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

De conformidade co disposto no Art. 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente, a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte á ultima publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no Art. 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 10 de decembro de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

10989