Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 21 de decembro de 1998 Páx. 13.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, dos servicios para impartir ensinanzas e actividades deportivas nos ximnasios e instalacións dependentes do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo, por procedemento aberto por concurso.

1. Entidade adxudicante:

Organismo: instituto municipal dos deportes de Vigo.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: prestación dos servicios de profesionais técnico docentes, monitores e profesores, para impartir ensinanzas e actividades deportivas nos ximnasios das instalacións municipais do Berbés, As Travesas, Coia, Teis e Castrelos.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo.(Pontevedra).

Prazo: catro anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: ata un máximo de 19.000.000 de ptas./ano.

5. Garantías:

Provisional: 180.000 ptas.

Definitiva: 360.000 ptas.

6. Obtención da documentación e información:

Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, Vigo (Pontevedra). Teléfono: 986 81 01 00.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Non se esixe clasificación.

A solvencia económica e financeira acreditarase en calquera das formas previstas nos Art. 16 e 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

8. Presentación de ofertas:

Prazo: 26 días naturais seguintes á publicación do último anuncio de licitación que se publicará no BOP de Pontevedra e no DOG.

Documentación: é a sinalada na cláusula XIII do prego de condicions.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

9. Apertura ofertas:

Entidade, enderezo e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do día seguinte hábil ó final do prazo de presentación de proposicións (cláusula XV do prego de condicións).

10. Outras informacións:

O modelo de proposicións axustarase ó previsto na cláusula XIII do prego de condicións.

11. Gastos anuncios:

Serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 13 de novembro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

11516