Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 21 de decembro de 1998 Páx. 13.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

EDICTO.

Aprobado con carácter inicial por resolución da alcaldía-presidencia do catro de novembro de 1998 o estudio de detalle, na rúa Consistorio para precisar aliñacións de edificio así como a ordenación volumétrica e rasantes, dado que nas vixentes normas de ordenación subsidiarias de planeamento de Ares a zona de actuación urbanística está supeditada ó desenvolvemento de estudio de detalle, redactado polo arquitecto José Antonio Canedo Zapata, debidamente visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, faise público ó abeiro dos artigos 34 e 43.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e 140 do Regulamento de planeamento urbanístico:

Primeiro.- Suspéndese o outorgamento de licencia de parcelación de terreos, edificación e demolición na zona delimitada polo estudio de detalle, polo prazo dun ano, se ben a dita suspensión se extinguirá coa aprobación definitiva do estudio de detalle.

Segundo.-Sométese a información pública durante o prazo dun mes a presente aprobación inicial, mediante anuncio publicado no DOG, no BOP e nun xornal dos de maior difusión da provincia para efectos de alegacións.

Ares, 4 de novembro de 1998.

José Juan Vilasánchez Pazos

Alcalde-presidente

11530