Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 21 de decembro de 1998 Páx. 13.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1998, da Dirección Provincial de Ourense, pola que se anuncia o concurso público 1DP/98 para a subministración sucesiva de material de incontinencia urinaria.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 i) da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da autorización do director xeral de Recursos Económicos con data do 30 de xuño de 1998, convoca o seguinte concurso público para a subministración sucesiva de material de incontinencia urinaria.

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Provincial de Ourense, r/ Xoán XXIII, número 27, primeiro andar. Teléfono: 988 38 55 95. Fax: 988 38 55 60.

2. Modalidade da adxudicación: concurso, procedemento aberto.

3. a) Lugar da entrega da subministración: as entregas de material faranse nos lugares de almacenamento que indique a adxudicación (ver anexo I, prego de prescricións técnicas).

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: material de incontinencia uri

naria (ver anexo I). Orzamento anual 78.590.000 ptas., IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por parte e/ou polo conxunto da subministración requirida: a licitación versará sobre a totalidade dos lotes ou sobre cada un deles.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: os prazos de entrega en cada un dos centros poderán variar entre os 15 e 30 días, en función da capacidade de almacenamento de cada centro, e igualmente comunicaráselle ó adxudicatario no seu momento (ver anexo I).

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que se poden solicita-los documentos pertinentes: ve-lo punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 13-1-1999.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 20-1-1999.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ve-lo punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas no enderezo que se sinala no punto 1.

8. Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional previa, equivalente ó 2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ós que se presente a empresa ofertante. Unha vez adxudicados os lotes, deberán constituír unha fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación dos lotes que lles fosen adxudicados.

9. Modalidades esenciais de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: o pagamento farase mediante transferencia bancaria á conta designada polo adxudicatario, unha vez recibida a subministración, debendo terse en conta, en todo caso, o establecido no artigo 100 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: U.T.E.

11. Información e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios que se seguirán para a adxudica-lo contrato: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas (anexo I).

14. Variantes: non se admiten.

15. Información complementaria: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa: 15-10-1998.

17. Data de envío do anuncio: 15-12-1998.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

19. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Ourense, 23 de novembro de 1998.

Rosendo L. Fernández Fernández

Director provincial de Ourense

10985